domingo, 25 de abril de 2021

ELABORAMOS SINAIS

 Os nenos e nenas coñeceron sinais de circulación. Os de 3 anos traballaron e xogaron con sinais xa elaboradas, mentres que o alumnado de 4 e 5 anos creou as súas propias sinais para o recanto dos coches. 

Primeiro visulizamos algunhas sinais e o seu significado a través de vídeos, contos e poñendo en común os nosos coñecementos. Logo cada neno coloreou unha sinal, que despois plastificamos e decoramos para poder empregala no recanto dos coches. 

Os/as nenos/as de 4 anos tamén presentaron a súa sinal aos seus compañeiros, entre todos descubrimos o seu significado e logo fixemos xogos para adiviñar o significado de cada unha delas.

Aquí vos deixamos fotos sobre esta actividade na que traballamos e aprendemos un montón!






No hay comentarios:

Publicar un comentario