lunes, 26 de abril de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL: O SEMÁFORO

 Unha das figuras máis importantes na educación vial son os semáforos. Conscientes diso, o alumnado de educación infantil realizou tarefas para o coñecemento do mesmo. 

Como xa mencionamos nunha entrada anterior, empregamos os semáforos como símbolo para regular a entrada nos baños (verde: está libre, podemos pasar; vermello: está ocupado, temos que esperar). Tamén vimos distintos vídeos, contos e imaxes nos que aparecían semáforos e destroquelamos semáforos de vehículos e peatóns para os recantos dos coches.

Despois disto, introducimos nas aulas de infantil semáforos de conducta que permiten observar como está sendo o noso comportamento e danos a oportunidade de poder melloralo antes de chegar a cor vermella. 

Por último, realizamos unha ficha que forma parte da nosa unidade didáctica de educación vial. Esta ficha consiste en colorear os semáforos coas súas respectivas cores e unir cada cor co seu significado.

Aquí están os resultados das nosas tarefas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario