jueves, 17 de junio de 2021

CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL

Chegamos a recta final deste curso e con ela tamén ao final do noso proxecta.

Unha das actividades finais que realizamos a semana pasada foi un circuíto de educación vial onde puxemos en práctica o aprendido anteriormente. Para iso acondicionamos o ximnasio, dadas as malas condicións climatolóxicas destes últimos días. Neste espazo colocamos as sinais que o alumnado de infantil elaborou anteriormente, xunto con outros materiais como picas, conos, cordas... 

Así de ben nos quedou!


Unha vez elaborado o circuíto, o alumnado de infantil realizou o traxecto circulando como coche e como peatón. Os coches circulaban pola calzada cun volante nas mans, e os peatóns camiñaron pola acera, respectando en cada caso a señalización.

Aquí deixamos unha pequena mostra desta actividade, que ben o pasamos!!







lunes, 7 de junio de 2021

TRIPTICO SEGURIDADE VIAL NO CAMIÑO A SANTIAGO

Unha das actividades finais do noso proxecta é a elaboración dun TRÍPTICO onde o alumnado de infantil explica as normas de educación vial máis importantes á hora de facer o Camiño de Santiago. 

Esta actividade supón un resumo dalgúns dos aspectos aprendidos, ao tempo que complementa o proxecto de biblioteca levado a cabo este curso: "Bibliolibriña polo camiño de inverno a Santiago"

Coa elaboración deste tríptico o alumnado de infantil pretende recordar a importancia de seguir as normas para garantir a seguridade vial. Por iso alumnado e profesorado de infantil elaboran este tríptico, que logo compartimos co alumnado de primaria para que teñan sempre presentes a normas viais; especialmente de cara a saída na que realizarán un tramo do Camiño de Inverno. 

miércoles, 2 de junio de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL: OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Chegamos a última páxina da nosa unidade didáctica, e na parte final traballamos sobre os medios de transporte. 

Primeiramente, en asamblea puxemos en común os medios de transporte que coñecemos. Logo clasificámolos segundo a súa forma de viaxar: por terra (número 1), por aire ( número 2) ou por auga (número 3).




A continuación coloreamos algúns destes medios de transporte. Logo recortámolos ou picámolos. 


Por último, pegamos cada vehículo no lugar que lle corresponde, clasificándoos en terrestres, acuáticos ou aéreos.