miércoles, 26 de mayo de 2021

PORTADA: O NOSO LIBRO DE EDUCACIÓN VIAL

 Estamos a piques de rematar o noso libro de educación vial, polo que estes días estivemos pintando a portada, quedounos moi bonita!

viernes, 21 de mayo de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL: A POLICÍA

 Coñecemos a importancia da policía e a guardia civil na educación vial. Indagamos sobre a súa vestimenta e realizamos a seguinte ficha:





miércoles, 19 de mayo de 2021

PAPIROFLEXIA: FACEMOS COCHES!

 O alumnado de 3 anos está experimentando con papiroflexia. A semana pasada fixeron coches de papel coa profe Luisa e cantaron unha canción relacionada con este medio de transporte. Logo decoráronos e xogaron con eles, pasárono moi ben. 

lunes, 17 de mayo de 2021

PINTAMOS ELEMENTOS DA EDUCACIÓN VIAL

A semana pasada os nenos e nenas de infantil estivemos pintando sinais, pasos de cebra e semáforos; que posteriormente empregaremos para facer algún percorrido no patio. Quedaron moi chulos!




sábado, 15 de mayo de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL: EN BICI

 Andar en bici é algo que a case tódolos nenos e nenas nos encanta, por iso non podíamos deixar de traballar este aspecto nas nosas unidades didácticas de educación vial. Temos que circular con precaución e non podemos esquecer algo moi importante...O CASCO! 

lunes, 10 de mayo de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL: FICHAS DE SINAIS E DO SEU SIGNIFICADO

 Coñecemos algunhas sinais importantes para vehículos e peatóns. Despois de elaborar algunhas delas e introducilas no recanto dos coches, realizamos fichas sobre señalización vial para afinzar os nosos coñecementos. Así de ben traballamos!














viernes, 7 de mayo de 2021

XOGO "O AUTOMÓBIL"

 Esta semana realizamos un xogo moi divertido, ao que lle chamamos "O AUTOMÓBIL".

O xogo consistiu en que os nenos se convertiron en automóbiles, e situáronse cada un no seu garaxe (marcado con un aro no chan). 



Os automóbiles tiñan que estar atentos as cores do semáforo, que ía mostrando un axente de tráfico. Para identificalo, o neno/a que lle tocaba ser axente levaba un chaleco reflectante, como se aprecia na imaxe. Este/a axente ensinaba unha cor do semáforo e os nenos/as tiñan que realizar a acción propia desa cor:
 
-VERDE: camiñar conducindo rápido o automóbil
-LARANXA: camiñar con moita precaución
-VERMELLO: parar





Mentres circulaban, os coches non podían chocar. Se isto pasaba, tiñan que ir ao taller e esperar alí un tempo prudente a ser reparados. 



Cando o axente de tráfico decía "casa" tódolos automóbiles debían volver aos seus garaxes, é dicir, os nenos/as tiñan que volver cada un ao seu aro.

Que ben o pasamos con este xogo!!






miércoles, 5 de mayo de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL: O CINTURÓN DE SEGURIDADE

 Coñecemos a importancia de utilizar o cinturón nas nosas viaxes nos medios de transporte. Logo realizamos unha ficha onde buscamos as diferenzas entre dúas imaxes e escribimos a palabra clave: cinturón de seguridade.



lunes, 3 de mayo de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL: OS PEATÓNS

 Nesta ficha coñecemos as normas básicas que debe seguir un peatón. Completamos as frases coas palabras correspondentes, coloreamos e ao rematar vimos contos relacionados con esta temática.